domingo, 10 de junio de 2018

UNHA PLANTACIÓN NO COLE

Fai unhas semanas, a mamá e o papá de Iria, Tere e Rober, viñeron ao colexio para levar a cabo unha super plantación.
Tiñan todo moi ben preparado: os testos, as sementes, as plantas, a terra...
Cada nena e cada neno, botou terra no seu testo e puxo a súa semente ou plantiña pequena.
Foi unha experiencia preciosa, xa que ademais de ver como vai medrando cada día, cada unha das nenas e nenos ten que facerse responsable da súa propia planta, coidala e amala para que creza.
Deixo unhas fotos de mostra.


   






No hay comentarios:

Publicar un comentario