lunes, 30 de enero de 2017

A semana pasada estivemos traballando sobre o cadro de Frida Kahlo "Viva la vida", experimentando con diferentes materiais como a pintura de dedos, estampación con esponxas...

Déixovos algunhas fotos do proceso:










30 xaneiro. Día da Paz

Conmemoramos este día coa canción de María Fumaça "Eu teño alguén...". Traballámola dende as distintas aulas e  o centro elaborou o seguinte vídeo:



Aos Magníficos gustounos moito a canción, sobre todo o estribillo, de feito cantámolo así de ben!! Mirade, mirade!!



Os corazóns con pictogramas que levamos colgados, corresponden as distintas palabras que vai mencionando a canción. Os nenos/as de Infantil levámolos postos hoxe no acto que tivemos no cole despois do recreo:



:)


lunes, 23 de enero de 2017

Frida Kahlo

A partir do mes de xaneiro traballaremos sobre as diferentes mulleres importantes na historia que se irán propoñendo cada dúas semanas a modo de concurso de preguntas e respostas dende a biblioteca do centro. 

Esta semana comezamos a indagar sobre a primeira: Frida Kahlo! (esta pintora mexicana espertou moito a curiosidade dos nenos/as!). Vimos este vídeo onde nos explican a súa vida:

Tamén limos o conto da colección Pequeña&Grande e soubemos que comezou debuxando os seus pés, pero máis tarde con axuda dun espello comezou a pintar autorretratos.



Aprendemos que a Casa Azul onde vivía posteriormente convertiuse nun museo e visitamos o mural do patio interior do cole no que aparece ela que fixeron os alumnos de 1º de Primaria...
E por suposto depositamos nun buzón as respostas ás preguntas que nos facían dende a biblio. Xa sabiamos unha morea de cousas sobre Frida, polo que nos pareceron moi sinxelas!



Por último elaboramos o noso propio autorretrato!!! Interiorizando así un pouquiño máis o esquema corporal...



Esta semana seguiremos con Frida Kahlo e para a seguinte tócanos Maruxa Mallo! 

:)

domingo, 15 de enero de 2017

Primeira semana despois das vacacións...

Voltamos á escola coas pilas moi cargadas, polo que aproveitamos para traballar máis a fondo a escritura do noso nome.

Establecimos unha nova rutina grazas a estes carteis plastificados, tódolos días saímos ao encerado a escribilo para así mellorar pouquiño a pouco:

















Tamén realizamos xogos na asemblea con tarxetas cos seus nomes escritos (sen foto!), como por exemplo identificando a tarxeta que ten escrita o noso nome; ou tamén collendo unha calquera e adiviñando a que compañeiro/a pertence... contando as letras de cada nome e así saber cales son os máis longos e cales os máis curtos, etc.


O  noso compañeiro Lois tróuxonos un día a aula o conto de AURELIO, que nos viu xenial para falar sobre as vogais.


O venres celebramos os aniversarios do mes de xaneiro: o de Anxo e Iker, os nenos máis maiores da nosa aula!!! MOITAS FELICIDADES!!!! Divertímonos moito!! 


jueves, 12 de enero de 2017

Postal sorpresa...

Creo que todos e todas gardamos moi ben o segredo da postal que ía chegar durante as vacacións ao buzón das nosas casas...

Estampamos a pintura marrón dos renos con corchos e tamén coas pegadas dos nosos dedos. Déixovos a panxoliña de "Rodolfo o reno" que tanto nos gustou.



Visita de Papa Noel!!!!

Faltábannos cousas importantes por contar anteriores as vacacións de Nadal, como por exemplo a visita que tivemos de.... nada máis e nada menos que PAPANOEL!!!! Repartiunos caramelos e tamén preguntounos que tal nos portabamos no cole e na casa... :)