lunes, 16 de abril de 2018

AS MATES ME RODEAN!: II PARTE

As nenas e nenos da clase seguen a descubrir que estamos rodeados de números!! Dende o principio de trimestre estamos a levar unha dinámica que consiste en medir (aproximadamente) a nosa estatura. Este feito, lles permite descubrir cantidades ás que non están afeitos e introducimos así, a centena. A partir da nosa medida desenvolvemos unha serie de tarefas e actividades.

Medimos a todos os nenos e nenas da clase.

                           





Como había algunhas dúbidas sobre quen era máis alto... utilizamos un nivel para resolver as dúbidas...







Para que non se nos olvide as nosas medidas anotamos nun mural o noso nome coa nosa medida. Foi unha experiencia enriquecedora y moi motivadora. Ademais de axudalos a descubrir o valor dos números no mundo real.





Unha aperta

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O pasado xoves 12 as nenas e nenos de 5º de EI foron de excursión ao Museo de Pontevedra. Para ir ven preparados realizamos unha serie de actividades previas que resultaron moi motivadoras e produtivas, xa que, traballamos unha morea de conceptos e habilidades.

En primeiro lugar, falamos do museo e lanzamos unha pregunta... "QUE NOS IMOS ATOPAR NO MUSEO DE PONTEVEDRA?" Cada un lanzou a súa hipótese. Estas ideas foron rexistradas e anotadas individualmente nun papel:

  • Cadros
  • Pinturas
  • Baleas
  • Dinosaurios
  • Esqueletes
  • Esqueletes de mamut
  • Dinosaurios
  • Velocirraptores
  • Peixiños nunha peceira

Estas ideas son rexistradas nun cadro de dobre entrada, no que posteior á saída, anotaremos si se confirma a hipótese ou non.




Outra das actividades que levamos a cabo, previo á saída, foi o traballo con google maps na PDI. Analizamos o traxecto dende o cole ata o Museo de Pontevedra, facendo fincapé en tres puntos que foron: Colexio de Belesar, Ponte de Rande e Museo de Pontevedra. A través do satélite observamos estes tres puntos dende o aire. O que máis lles chamou a atención foi ver o patio do colexio dende unha perspectiva tan diferente, e a Ponte de Rande, así como as bateas que están preto.


Os puntos de cores sobre o mapa son as bateas vistas dende o aire




O día da excursión foi moi emocionante xa que tivemos a oportunidade de comprobar in situ todo o que traballamos na clase: pasamos por rande, vimos de preto as bateas, comprobamos que cousas había no Museo de Pontevedra, e disfrutamos coas actividades que nos propuxo Alejandra (a nosa guía).

Alejandra nos explica as normas do museo

O primeiro cadro que observamos foi este:

Azul sobre azul, nº 27 de Luis Caruncho

O grupo, por equipos, fixo a súa propia composición artística


          




Outros cadros que nos explicou Alejandra foron:

"Acordeón" de Luís Caruncho


"Composición (obxectos no espazo)" de Arturo Souto.



"Máscaras africanas" de Arturo Souto.


"Vendedor ambulante en Bos Aires" de Leopoldo Nóvoa.



Tamén nos propuxo facer un puzzle, que cando rematamos... Sorpresa! Era outro cadro de Leopoldo Nóvoa: "Paisaxe mariñeira"

                                             






E para rematar... unha foto das fermosas vistas de Pontevedra.



Ao día seguinte tivemos moito traballo. Por un lado, verificar as hipótesis emitidas sobre o que nos íamos atopar no Museo de Pontevedra, así como, rexistrar os resultados no cadro de dobre entrada. E tamén revisamos as composicións que fixeron no primeiro cadro, e que, agora temos expostas na aula co título que eles mesmos lle puxeron.


domingo, 1 de abril de 2018

UN CAMPO DE FLORES CON HERVÉ TULLET: A PRIMAVERA

Preme aquí antes de comezar a ler.

O martes 20 de marzo foi un día moi especial para as nenas e os nenos da clase. Todos o tiñan claro: ¡Hoxe comeza a primavera! Un día tan importante merece ser homenaxeado por todo o alto. Así pois, levamos a cabo un obradoiro de arte proposto por Hervé Tullet na súa obra. "Diviértete. Talleres de arte con Hervé Tullet". En concreto, desenvolvimos o obradoiro titulado: "Un campo de flores". No que, de xeito cooperativo, o alumnado pintou un campo de flores nun mural xigante. 
Para o desenvolvemento da proposta contamos coa axuda de Andrea, a mamá de Robert.
















Cando o mural xa estaba rematado fixemos un baile homenaxe a primavera ao son de:



Este é o resultado final!!


PROXECTO: COIDAMOS AOS ANIMAIS

Desde que comezamos o proxecto sobre o coidado e respecto polos animais levamos moito aprendido. Alumnado, familias e unha servidora estamos a disfrutar moito deste proxecto. Aprendemos moito uns dos outros, xa que todos están moi implicados neste proxecto.
Nesta entrada se pon de manifesto a implicación das familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe.
Propúxenlle ás familias que podían asistir á aula para presentar as mascotas da casa, facendo fincapé na responsabilidade que implica ter animais de compañía.

A egua LUNA


O can LOLO



As tartarugas de auga NICO e GANDI



Os chibos - chibóns PINTA E BORRALLA























A gata CLEO


As tartarugas de terra PEPPA E GEORGE



Tamén nos visitaron dous colaboradores da protectora de animais de Baiona Bai sen Pulgas: Bea, a mamá de Breixo, que é veterinaria e que nos deu unha interesantísima charla sobre os coidados e responsibilidades necesarios para coidar dunha mascota. E Dani, un adestrador de cans, que nos deu consellos para educar ás nosas mascotas.




O can NANO




O can CHIQUI



A NINFA



Colorín, colorado, este conto non está rematado...