domingo, 4 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Por si algunha familia está intereseda en tratar a temática da igualdade entre homes e mulleres, deixo algúns títulos de contos que son moi apropiados para introducir o tema e axudarlle ás nenas e nenos a comprendelo mellor.

Algúns os leremos na aula. Espero que sexa de utilidade.

Unha aperta



«Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.





Da mítica colección "A favor das nenas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.



Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de acadar que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de imporlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.


No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

Estou segura de que hai moitos máis títulos. Se queredes achegar algún que vos parece interesante e non está nesta entrada, non o dubidedes e deixalo nos comentarios.