martes, 30 de mayo de 2017

Galiña azul

Tiña pendente publicar esta entrada dende hai un par de semanas... pero non puiden facelo antes. Por mor das Letras Galegas viu visitarnos ao cole o CEIP Pombal para representarnos unha obra de teatro sobre a Galiña azul (ese fantástico conto que tanto nos gustou de Carlos Casares).

Previamente, na aula, algúns dos nenos/as quixeron facer o seu propio resumo do conto...  hai unha cousa que parece que a todos/as lles quedou bastante clara: os policías querían matar a galiña azul do pobre Lorenzo ;) 




jueves, 25 de mayo de 2017

Hoxe tivemos unha exposición especial! Simón, o irmán de Robert e a súa mamá viñeron a explicarnos cousiñas sobre o mar. De feito deron resposta a todo aquilo que queríamos saber: faláronnos de que comen os peixes, onde viven, tamén afondaron en aspectos do polbo e os peixes tropicais e descubríronnos... o interior dos cangrexos!! 

Ademais regaláronnos un agasallo ao rematar... uns polbos  moi chulos! :)

Divertímonos moito e aprendemos un montón de cousas!!!




Tamén nos puxeron a canción do peixe salmonete, un peixe un pouquiño mentireiro.....


Moitas grazas!!

domingo, 21 de mayo de 2017

MAIOS.

O martes pasado celebramos os Maios no cole, Infantil elaborou unha alfombra e primaria outra! Ademais fixemos colgantes, coroas...

miércoles, 17 de mayo de 2017

Feliz día das Letras Galegas!!

Este ano o escritor homenaxeado foi Carlos Casares.
Aos  pequenos/as gustoulles moito o conto da Galiña Azul: unha galiña diferente a tódalas demais... puña ovos de cores e  dicía "cocorocó" en lugar de "cacaracá", polo tanto elaboramos un marcapáxinas sobre esta temática!

Esperamos que vos gustase e que o usedes moito! ;)


lunes, 15 de mayo de 2017

Día da familia.

Hoxe, 15 de maio, conmemórase o día da familia!

Noraboa!



Mañá celebramos os Maios no cole e tamén levaremos un agasallo para casa polo día das Letras Galegas no que estivemos traballando a semana pasada...

miércoles, 10 de mayo de 2017

Irene Silva

Onte visitounos Irene Silva, unha gran artista que vive ademais moi preto de nós... en Belesar! :) 

Propúxonos participar na súa próxima obra de arte que estará exposta este domingo no Mercado de Arte de Sabarís e na que participan tódolos nenos e nenas do cole!

Animádevos a pasar por alí!



viernes, 5 de mayo de 2017

Migallas.

O xoves pasado realizamos unha saída ao Auditorio de Gondomar para ver ao grupo Migallas, unha actividade organizada por Espazo Lectura para os coles do Val Miñor.

Xa ensaiaramos previamente moitas cancións deste grupo... déixovos o vídeo da que máis éxito tivo na nosa aula sen dúbida!!


Despois merendamos no parque da Coelleira en Gondomar, como estabamos na semana da froita tocounos plátano :)