jueves, 22 de diciembre de 2016

Canción do festival de Inverno.


Ensaiamos moito para que a actuación saíse xenial! Esperamos que vos gustase!!! :)

Postais de nadal

Traballamos moito para elaborar as postais de Nadal, este foi o resultado!!



Eliximos as tiras de cartulina que máis nos gustaban entre varios modelos e tamén a orde en que queríamos colocalas, posteriormente pegámolas con pegamento. Quedaron unhas árbores de nadal moi bonitas!!!

Para a mensaxe de felicitación do interior estampamos letras con pintura:



Ao rematar entregámosllas ao cole para realizar un intercambio entre as postais que elaboramos tódolos cursos do centro. 
Chegaron á nosa aula en diferentes sobres e abrímolas para ver a que nos tocou... gustáronnos moito!!!!








miércoles, 21 de diciembre de 2016

Charla protectora

O martes pasado tivemos unha charla na biblioteca do centro da protectora de animais "Bai senpulgas", viñeron a explicarnos o traballo que fan na protectora, tamén nos ensinaron fotos de canciños que teñen alí agardando por unha familia... incidindo sobre todo en que os animais non son peluches. Ademais tamén nos explicaron como achegarnos con seguridade a un can descoñecido seguindo unha serie de pasos: preguntándolle primeiro á persoa que o estea paseando se morde ou non... despois se podemos achegarnos... logo esperar que o can nos ula para que así non nos teña medo e por último acaricialo.

Practicamos alí mesmo na biblio acariciando a uns canciños que nos trouxeron. Tamén nos deixaron as rapazas da protectora uns laciños moi chulos para colocar na roupa.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!






















martes, 13 de diciembre de 2016

Máscaras triceratops.

Non podía esquecerme de subir unha foto das máscaras que tanto nos gustaban e tanto traballo nos deron!! :)


Fin do proxecto sobre os dinosauros.

Hai uns días rematamos o proxecto sobre os dinosauros para así empezar de cheo co Nadal, a preparación da actuación e outras sorpresas que non podemos desvelar...............

Aprendemos moitas cousas sobre os dinosauros: as partes dos seus corpos (garras, patas, cola,etc), que xa non existen porque se estinguiron pola caída dun meteorito sobre a Terra, as diferenzas entre os carnívoros e os herbívoros; tamén observamos as pegadas que deixaban os dinosauros sobre o chan e comparámolas coas nosas... e aprendemos unha palabra nova un pouco complicada: PALEONTÓLOGO! ;)

Fai xa unhas semanas o noso compañeiro Robert tróuxonos a clase un pendrive con fotos dunha viaxe a Asturias na que visitou un museo sobre os dinosauros... explicounos con moito entusiasmo todo o que alí viu e falaounos das icnitas:




Sofía, Xián e Rodrigo aportaron ao Recuncho do proxecto máis dinosauros, divertímonos e aprendemos moitas cousas xogando con eles! 




 Grazas as familias pola vosa colaboración!
:)


lunes, 5 de diciembre de 2016

Vídeo dos tres porquiños.

Pasámolo moi ben e rimos moito axudándolle ao lobo a soprar moi forte....!! Aínda que a casa máis resistente, a de ladrillo, non conseguimos tirala!

Mural da igualdade

O proxecto de centro deste ano é a IGUALDADE. O equipo de Infantil decidimos facer o noso mural do patio interior sobre os contos tradicionais, pero invertindo os roles...
Así, a aula de 3 anos tocounos facer Os tres porquiños colgando a roupa, primeiro houbo que pintalos..... déixovos fotos do proceso:









Días da semana en lingua de signos.

Como xa vos comentei nunha entrada anterior estamos aprendendo a dar os Bos días e tamén a dicir os días da semana, o tempo que fai, etc... en lingua de signos! É moi divertido e os nenos/as apréndeno moi rápido :)

A continuación déixovos un vídeo cunha pequena demostración feita polo noso compañeiro Iker:



martes, 29 de noviembre de 2016

Conmemoración 25 novembro.

Achégovos un vídeo que se colgou na páxina web do centro cunha actividade que fixemos todos xuntos sobre a historia de Malala.


martes, 22 de noviembre de 2016

25 N- Día internacional contra a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25 de novembro propuxose dende a biblioteca traballar nas aulas a Malala Yousafzai, gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2014 por defender a educación e o dereito das mulleres de ir tamén á escola.

Coñecimos de xeito simplificado a historia desta rapaza e enseguida nos quedamos co seu nome e cun xesto que fan os rapaces/rapazas de todo o mundo como homenaxe a Malala pola súa labor... que é levantar unha man. 

Nós tamén quixemos darlle as grazas dende a nosa aula:



lunes, 21 de noviembre de 2016

PROXECTO DINOSAUROS!!

Como a estas alturas xa todos sabedes... este mes de novembro estamos indagando sobre OS DINOSAUROS!! Esta idea xurdiu dos propios nenos/as ao preguntarlles sobre que lles gustaría traballar na escola... e gañou por goleada!!

Antes de nada, agradecer moitísimo a vosa colaboración xa que conseguimos recopilar un montón de material que tiñades por casa. Os nenos/as que trouxeron material ensinábano aos compañeiros/as na aula e facían unha pequena explicación! Estaban moi emocionados!

Déixovos un vídeo con algúns dos materiais...
(Son consciente de que aínda me faltan algúns nenos e nenas por fotografíar co seu material, máis adiante tamén terán o seu oco no blog).

jueves, 17 de noviembre de 2016

As nosas rutinas.

Tódolos días seguimos unha serie de rutinas á hora da entrada na escola, en primeiro lugar está a difícil tarea (aínda que cada vez menos!!) de coller o mandilón e colgar as nosas mochilas e abrigos nos percheiros. Xa unha vez dentro da aula toca outro reto...poñelo e abotoalo nós soíños!! Isto é máis sinxelo dende que coñecemos a "maxia"..... Os nenos/as séntense moi orgullosos cando ven que son capaces de facelo todo eles mesmos :)

As cancións que cantamos sempre na asemblea son as seguintes:

Bos días


E tamén a dos días da semana....



Non sei se xa vos enterastes polos pequenos/as... pero sabemos dar os bos días, dicir os días da semana e incluso falar do tempo que fai  en linguaxe de signos!!! :) isto é posible grazas a colaboración da profe Ana Belén de PT que ven ensinarnos de cando en vez (dedicarei outra entrada máis adiante a este aspecto).

Despois disto o encargado da semana escolle a un ou unha axudante e colocan o día, pasan lista.... Contamos o número de nenos e nenas que estamos na aula, etc.

Un saúdo e ata a próxima entrada!

martes, 15 de noviembre de 2016

Experimentamos co punzón.


Descubrimos un novo utensilio: o PUNZÓN!! Pareceunos moi entretido e enseguida lle collemos o truco... trátase dun instrumento indispensable para aprender a coller ben o lapis e tamén para exercer a presión axeitada sobre o papel.