jueves, 23 de febrero de 2017

24 Febreiro. Nacemento de Rosalía de Castro!

Dende a aula de 3 anos quixemos conmemorar este día tan importante para Galicia co recitado do poema "Adeus ríos, adeus fontes".

Esperamos que vos guste!!!


miércoles, 22 de febrero de 2017

Meco.

Preséntovos ao noso Meco da igualdade!! É tradición que o Meco nos pida traer unha cousa diferente ao cole cada día durante a semana do Entroido!


Día 1: LUNS... tocou vir ao cole do color da igualdade....


Día 2: MARTES... Conmemoramos a Ágatha Christie vestíndonos de detectives.


Día 3: MÉRCORES. Tócalle o turno a Marie Curie! polo que nos disfrazamos de científicos/as...


Destacar que o Meco de hoxe deunos para falar sobre moitísimos temas: que son os científicos?, que materiais empregan para traballar?; tamén falamos sobre os médicos xa que algúns nenos/as trouxeron fonendoscopios e explicamos que serven para escoitar o latido do corazón. Ademais comentamos que son as radiografías (como a que traía Anxo posta)... e incluso falamos do aparato respiratorio grazas a este experimento que nos ensinou Nicolás!!

lunes, 20 de febrero de 2017

Saída ao teatro.

O mércores pasado fixemos unha saída a Vigo para ir ao teatro!! Pasámolo xenial! Vimos a obra de "Osiño" que trataba sobre as emocións e as aventuras que ía vivindo Osiño pasando polas distintas estacións do ano: inverno, primavera, outono...

domingo, 19 de febrero de 2017

Ágatha Christie.

A semana pasada o concurso da biblioteca trataba sobre a escritora Ágatha Christie. Limos o conto sobre a súa vida que tiñamos no cole e visitamos o mural do patio interior que realizaron os alumnos/as de 3º.



Despois de aprender moitas cousas sobre ela: era inglesa, escribiu máis de cen libros, chamábanlle a raíña do misterio porque lle gustaban as novelas sobre investigacións e detectives... respondemos ás preguntas e o encargado foi depositalas na furna colocada no corredor do colexio.



viernes, 17 de febrero de 2017

Seguimos coas presentacións...

O nome de Rodrigo significa "home glorioso". Rodri falounos  da súa irmá pequena Marta e de que lle gusta moito ir ao parque, andar en bici e xogar cos seus animais de xoguete...


María Castro ten este nome porque así se chama tamén a súa nai. O seu nome ten moitos significados distintos: iluminada, señora, estrela de mar... Ademais falounos de tódolos seus curmáns e do canciño Ron que lle gusta tanto pasear. O seu boneco preferido é un coelliño que se chama Cotton.


Anxo contounos que o seu nome escolleuno o seu irmán maior Alex, é de orixe grega e significa mensaxeiro. Ademais contounos que lle gusta moito ver documentais, sobre todo os de dinosauros!!


O nome de Sofía é de orixe grega e significa "sabedoría", tamén nos contou que non ten un boneco preferido xa que lle gustan moito todos os que ten! Encántalle ir ao parque, a piscina e á neve cos seus curmáns e amigos!!



jueves, 16 de febrero de 2017

Día dos namorados!

Para o día dos namorados propúxose unha actividade a nivel de centro dende o Equipo de dinamización da lingua galega que consistía en escribir mensaxes sobre o que é amor e o que non é amor para pegar neste gran mural á entrada do cole.

Aos Magníficos ocorréronsenos unha morea de ideas como por exemplo:

-  AMOR É: compartir, dar bicos, abrazar, facer cóxegas... 

- NON É AMOR: pegar, empurrar, dar puñetazos, estar enfadados...


jueves, 9 de febrero de 2017

Levamos toda a semana traballando sobre este cadro de Maruja Mallo, que me pareceu moi interesante polas formas xeométricas que contén e tamén polo seu colorido.



A profe "desmontou o cadro" nas diferentes pezas triangulares... e os nenos/as montárono (a modo de puzzle) e pegárono enriba dunha cartolina. Nos vindeiros días subirei unha foto dos resultados! 

Tamén xogamos a observar ao noso arredor e identificar nos obxectos presentes na aula TRIÁNGULOS e CÍRCULOS; descubrimos moitos!! algúns en lugares insospeitados como por exemplo dous círculos no rolo de papel hixiénico.. tamén as tapas dos botes de pintura, os botóns dos mandilóns, incluso algún neno percatouse que na letra A hai un triángulo! 



martes, 7 de febrero de 2017

Máis presentacións


Pouco a pouco vannos chegando máis presentacións...

A profe le o que escribiron as mamás e os papás e os pequenos/as explican as fotos... Despois chega o turno das preguntas: os compañeiros/as poden preguntar máis cousas que queiran saber sobre eles... A pregunta máis recurrida ata o momento é a de se lles gustan os cans e os gatos, aínda que saen outras moitas moi orixinais como por exemplo: "e tamén che gustan os elefantes?", "Vísteste moi rápido para vir á escola?", "Cal é a túa comida favorita?", "Con ketchup ou sen ketchup?", "Gústache Frozen?" ;)

Con Iria aprendemos que o seu nome significa "Arco da Vella"... Tamén nos contou que non ten irmáns pero si ten moitos primos e amigos cos que xogar!


Lois é un nome galego que significa "guerreiro", Lois falounos moito de Marco (o seu irmán pequeno); e tamén do seu boneco favorito: Osi!!!


O nome de Noa é de orixe hebreo e significa "Paz", "repouso"... Non ten irmáns pero si un primo ao que quere coma se o fose.


O nome de Nicolás significa "A victoria do pobo"... Nico falounos da súa irmá Sabela e do seu osiño preferido chamado Pepe!!! Ademais de que lle gusta moito moito andar en bici...

4º ANIVERSARIO DE ROBERT E NICOLÁS.

Como sabedes o venres pasado celebramos os aniversarios do mes de Febreiro... polo que tocoulles o turno a Robert e Nicolás!!!

Merendamos un biscoito moi rico e amorodos!! :)

MOITAS FELICIDADES!!!

jueves, 2 de febrero de 2017

MARUJA MALLO.

Estas semanas traballamos sobre Maruja Mallo, a artista galega da xeración do 27 encadrada na corrente do surrealismo. 

Vimos fotos dela no ordenador:



Visitamos o mural feito polos alumnos de 2º, comentamos o seu autorretrato (situado no centro do mural) e que soía pintar os beizos nas súas pinturas con forma de corazón. Tamén contamos as catro máscaras e buscamos os triángulos  e os círculos que aparecían nelas, xa que esta pintora traballaba moito coas formas xeométricas!




Contestamos ás preguntas que nos fixeron sobre ela dende a biblio: de onde era, a que se dedicaba, cal era o seu nome real (Ana María) e tamén coloreamos un pequeno racimo de uvas correspondente a un dos seus cadros máis famosos; cando rematamos fomos todos xuntos ata a urna e depositamos as nosas respostas.




Presentación de Iker

Iker falounos do seu irmán pequeniño e tamén de que lle gusta moito moito xogar ao fútbol. Ademais aprendemos que o nome de Iker significa "aquel que trae boas novas"
:)


miércoles, 1 de febrero de 2017

Presentacións para o libro de aula.

Esta semana chegáronnos xa as primeiras presentacións nos folios de cores para poder montar o libro de aula sobre Os Magníficos...

Os nenos/as están moi ilusionados e con ganas de contarlle aos compañeiros/as máis cousiñas sobre eles!!




Grazas as familias pola vosa colaboración!

:)