miércoles, 14 de junio de 2017

lunes, 12 de junio de 2017

miércoles, 7 de junio de 2017

Visita da mamá de Lois!

Hoxe visitounos na aula a mamá de Lois! 
Contounos cousas moi interesantes sobre os tiburóns, ensinounos un vídeo no que aparecían tiburóns reais  e puidemos apreciar o grandes e longos que son... e ata como atrapan as súas presas! 
Ademais trouxo unha caixa de cartón...que habería ahí dentro??? Pensamos e pensamos e saíron varias ideas: dende un tiburón, ata un crocodilo...incluso algún dixo unha balea!! pero chegamos a conclusión de que non entrarían nesa caixa e ademais precisan de auga... polo tanto non podía ser!!


Cando abrimos a caixa descubrimos que era unha dentadura dun tiburón de verdade!!! Observamos que teñen moitas filas de dentes e que son de forma triangular, ademais moitos destes dentes teñennos agochados e só os sacan para fóra cando teñen que usalos!
Tamén aprendemos que aínda que os dentes se lle caian non pasa nada... porque vólvenlle a crecer máis!





Despois fixemos unha manualidade. Primeiro, con moita paciencia, picamos a silueta do tiburón e despois pegamos os ollos, a boca e o peixiño que está comendo...ñam ñam!!




Así de bonitos nos quedaron!!!




E para rematar... a maior sorpresa do día!! María tróuxonos dous peixiños para a nosa pecera!!! Os nenos/as dicían que eran peixes paiaso pola súa cor laranxa..



Pero os peixes paiaso viven en augas quentes e cando tocamos a bolsa vimos que estaba fría... Polo tanto son carpas e temos que coidalas moito moito e non asustalas para que vivan tranquilas connosco na aula!




Moitas grazas!!!!! 
Encantounos a visita!!