sábado, 21 de octubre de 2017

¡¡Arrancamos!!

¡Comezamos o novo curso!

Este curso hai uns cantos cambios: nova profe, nova aula, novos retos e novas aventuras.
Comezamos dun xeito moi diferente que o curso pasado. As nenas e nenos xa están adaptados asique meterémonos en materia bastante antes.
Os primeiros días levamos a cabo dinámicas grupais, bailes e xogos cooperativos para romper o xeo. 
Así como tamén, levamos a cabo unha experiencia moi interesante para facilitarlle ao alumnado a incorporanción ao novo curso e ás rutinas diarias. Estamos a falar de: "O Día Internacional do Punto".

¿EN QUE CONSISTE?


Dende fai uns anos en moitos colexios de EEUU, Canadá, Inglaterra, etc. estase celebrando o O Día Internacional do Punto, o 15 de setembro. Esta idea parte da historia escrita por Peter H. Reynolds, inspirándose na súa propia experiencia como alumno problemático, segundo os seus mestres.

O punto é a historia de Vashti, unha nena que non "sabe" debuxar. Pero gracias á súa mestra, Vashti atopa á artista que leva dentro. O que comezou sendo un punto nun papel en branco continuo crecendo e evolucionando dunha forma magnífica.  De seguido, deixo o enlace para acceder ao conto.
O punto

ACTIVIDADES DESENVOLTAS:

A primeira actividade que levamos a cabo, foi unha auténtica sorpresa!! Cando as nenas e os nenos chegaron á aula atoparon que alguén lles deixou unha carta que os invitaba a festexar o día internacional do punto. Ademais, tamén lles deixaron uns imáns co logo do día do punto.
Axiña Iker se prestou voluntario para ler, ao seu xeito, a carta.

Iker emitíndo hipóteses do que vén escrito na carta.

Cando xa sabíamos o que dicía a carta comezaron a investigar sobre os imáns.
Inicialmente non lles dixen o que era e lles deixei que experimentaran con eles por toda a aula.
A base de probar e probar decatáronse  de que eran imáns e se quedaban pegados aos obxectos de ferro.








 Unha vez, metidos en materia visualizamos o conto de Vashti na PDI, seguido dun debate sobre o que lles gusta debuxar, o que non lles gusta, etc. E decidimos que sería interesante facer a nosa propia arte a partir de puntos. E... mans a obra, estes son os resultados:                  




       

                         
              



Espero que vos gustara esta proposta.
Así tamén, espero aos poucos ir subindo as propostas desenvoltas na aula. Unha aperta!