martes, 29 de noviembre de 2016

Conmemoración 25 novembro.

Achégovos un vídeo que se colgou na páxina web do centro cunha actividade que fixemos todos xuntos sobre a historia de Malala.


martes, 22 de noviembre de 2016

25 N- Día internacional contra a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25 de novembro propuxose dende a biblioteca traballar nas aulas a Malala Yousafzai, gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2014 por defender a educación e o dereito das mulleres de ir tamén á escola.

Coñecimos de xeito simplificado a historia desta rapaza e enseguida nos quedamos co seu nome e cun xesto que fan os rapaces/rapazas de todo o mundo como homenaxe a Malala pola súa labor... que é levantar unha man. 

Nós tamén quixemos darlle as grazas dende a nosa aula:



lunes, 21 de noviembre de 2016

PROXECTO DINOSAUROS!!

Como a estas alturas xa todos sabedes... este mes de novembro estamos indagando sobre OS DINOSAUROS!! Esta idea xurdiu dos propios nenos/as ao preguntarlles sobre que lles gustaría traballar na escola... e gañou por goleada!!

Antes de nada, agradecer moitísimo a vosa colaboración xa que conseguimos recopilar un montón de material que tiñades por casa. Os nenos/as que trouxeron material ensinábano aos compañeiros/as na aula e facían unha pequena explicación! Estaban moi emocionados!

Déixovos un vídeo con algúns dos materiais...
(Son consciente de que aínda me faltan algúns nenos e nenas por fotografíar co seu material, máis adiante tamén terán o seu oco no blog).

jueves, 17 de noviembre de 2016

As nosas rutinas.

Tódolos días seguimos unha serie de rutinas á hora da entrada na escola, en primeiro lugar está a difícil tarea (aínda que cada vez menos!!) de coller o mandilón e colgar as nosas mochilas e abrigos nos percheiros. Xa unha vez dentro da aula toca outro reto...poñelo e abotoalo nós soíños!! Isto é máis sinxelo dende que coñecemos a "maxia"..... Os nenos/as séntense moi orgullosos cando ven que son capaces de facelo todo eles mesmos :)

As cancións que cantamos sempre na asemblea son as seguintes:

Bos días


E tamén a dos días da semana....



Non sei se xa vos enterastes polos pequenos/as... pero sabemos dar os bos días, dicir os días da semana e incluso falar do tempo que fai  en linguaxe de signos!!! :) isto é posible grazas a colaboración da profe Ana Belén de PT que ven ensinarnos de cando en vez (dedicarei outra entrada máis adiante a este aspecto).

Despois disto o encargado da semana escolle a un ou unha axudante e colocan o día, pasan lista.... Contamos o número de nenos e nenas que estamos na aula, etc.

Un saúdo e ata a próxima entrada!

martes, 15 de noviembre de 2016

Experimentamos co punzón.


Descubrimos un novo utensilio: o PUNZÓN!! Pareceunos moi entretido e enseguida lle collemos o truco... trátase dun instrumento indispensable para aprender a coller ben o lapis e tamén para exercer a presión axeitada sobre o papel.















lunes, 14 de noviembre de 2016

Rasgado de papel

Pero non todo son festas... tamén traballamos arreo na aula! sobre todo a motricidade fina...
Realizamos unha actividade moi divertida de rasgado de papel, despois xuntamos as tiras no centro da asemblea... e como estamos no outono imitamos a caída das follas das árbores... Pasámolo pipa!!!


E só un día despois do Magosto...

Celebramos a festa do Samaín no cole! Viñemos todos disfrazados xa dende primeira hora da mañá...tivemos de todo: esqueletos, cabazas, vampiros, pantasmas, bruxas....
A primeira hora xuntámonos tódolos nenos/as de Infantil e fomos a aula de informática para ver a peli de Monstros SA (creo que nos deu máis risa que medo...!!)
Despois fixemos o taller de "Merendas terroríficas", probamos de todo: Moco de Sapo, Vermes de Bruxa, Sangue de Vampiro e Pantasmas Terroríficas... e temos que dicir que aínda que pareza un pouco repugnante...estaba todo boísimo!!!! :)
Xa despois de recreo fixemos a celebración do Samaín con todo o cole... os nenos/as maiores leron as lendas que recopilamos e despois interpretaron a canción de Medo me dá! Nós tamén a bailamos xa que a traballaramos na aula previamente.

Déixovos a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=aLLFXmwuaj4


Magosto!

E por fin chegou o Magosto!!! aproveitando unha semana de moito sol... Estabamos algo nerviosos/as xa que era a primeira vez que pasabamos a mañá fóra do cole!! e ademais íamos viaxar en autobús!
Finalmente encantounos a experiencia, sobre todo ir vendo a paisaxe dende o bus e a cantidade de cabalos que nos iamos atopando pola subida a Chan da Lagoa.

Pasamolo xenial, xogamos e comemos un montón de castañas!


viernes, 11 de noviembre de 2016

Corre Corre Cabaciña!!

 Os pequerrechos/as tiñan curiosidade polas piñas, landras e follas que atopaban polo patio... por iso decidimos ter unha "caixiña de outono" na aula e así poder experimentar e tocar as diferentes cousiñas que nos proporciona esta estación.

Como non podía ser menos tamén falamos das cabazas... xa que se achegaba o Samaín!! destacar que tivemos moitísima colaboración das familias coas diferentes cabazas decoradas que trouxestes ao cole.

Encantaounos o conto de "Corre corre cabaciña" e todavía máis a súa canción!!!

Déixovos a ligazón: 


:)


martes, 8 de noviembre de 2016

Traballamos as emocións co Monstro de cores!


Coñecimos a un personaxe moi especial que nos gustou moito: O monstro de cores! Seguro que a maioría de vós xa o coñecedes... pero para quen non teña o pracer recoméndolle a lectura deste conto...

Os nenos/as enseguida identificaron a cor do monstro coa emoción correspondente, non lles resultou nada complicado.

Despois por grupos pintamos os botes para deste xeito ordear e aprender a recoñecer as nosas propias emocións, colocámolos enriba dos percheiros coas nosas fotos poñendo a expresión característica de cada cor, é dicir:

-Vermello: enfado

-Amarelo: alegría

-Azul: Tristeza.

-Negro: Medo

-Verde: Tranquilidade.


Deixámosvos aquí algunhas fotos do proceso, e tamén un vídeo con algunhas das xeniais fotos coas expresións das emocións.


Esperamos que vos guste.



Nome de aula

Unha vez asentados xa no colexio tiñamos que poñernos un nome de aula para identificarnos nel. Enterámonos que os nenos/as de 5 anos serían Os Picucos, os de 4 anos Os superheroes... e só faltabamos nós!! Puxémonos a pensar e a pensar ata que a un dos nenos ocorréuselle "OS MAGNÍFICOS"; aos demais encantounos e todos estivemos de acordo en chamarnos así, de ahí tamén o nome deste blog.

Un saúdo.

lunes, 7 de noviembre de 2016

Benvidos ao noso blog!!!

Por fin comezamos a publicar cousiñas por aquí para compartir con vós! Xa fai case dous meses dende que comezamos as clases... (que pasaron moi rápido!) e vivimos xuntos unha morea de cousas dende aquela :)
Deixámosvos un vídeo do período de adaptación, a algúns custounos adaptarnos máis que a outros, pero finalmente todos e todas estamos moi ben adaptados á nova escola e aos novos mestres/as! Durante esas semanas celebramos tamén o aniversario de tres nenos/as! E levamos como premio a portarnos tan tan ben unha medalla.

 Espero que o disfrutedes.