miércoles, 31 de enero de 2018

SEMENTANDO PAZ

O 30 de xaneiro é unha data sinalada no almanaque de tódolos centros escolares, posto que é o día no que nos acordamos especialmente da "Paz e da Non Violencia".
Este ano traballamos ao redor dunha cancicón de Mamá Cabra "O Baile da Paz". Con tal motivo fixemos un vídeo cooperativo no que todo o alumnado do colexio participou.



Por outra banda, as nenas e nenos da clase de 5º de EI fixeron un mural grupal, no que aparece reflectidas as súas achegas acerca do que eles consideran o que é a PAZ.






Malia todo, é importante recalcar que na aula se traballa a PAZ tódolos días. Os conflitos que xurden entre as nenas e nenos son unha ocasión fantástica para aprender a resolver os seus problemas dun xeito pacífico a través do diálogo e do mural das normas da aula.

E para rematar, deixo o enlace da adaptación do conto de "A Bruxa Discordia" que visionamos no acto.



sábado, 20 de enero de 2018

El ratoncito que se comió la luna

Este venres ao chegar a clase atopamos unha boa sorpresa...



Xa María nos avisou a todos: "¡Es el cuento "El ratón que se comió a la luna" pero que en realidade lo que se comió fue un plátano!".

Así, o primeiro que fixemos foi explorar cos plátanos: Os colleron, os cheiraron, xogaron con eles... e despois nos sentamos a escoitar a narración do conto.



Logo do conto metemos as mans na masa para preparar unhas delicias de "Lúa de plátano" que fixeron con pan, plátano e canela. Non tod@s a probaron pero sí participaron na súa elaboración... Se cadra na próxima ocasión se animan a probar!






Ñam, ñam...





AS MATES ME RODEAN!

As nenas e nenos da clase, descubriron que estamos rodeados de números!
Resulta que os nosos zapatos teñen números e que serven para saber cal é a nosa talla do zapato.
Canto maior é o número da nosa talla, maior é o noso pé.
Así, comparamos o tamaño duns zapatos con outros; descubrimos que nenas e nenos teñen o pé máis grande e quen o máis pequeno.

O primeiro que fixemos foi deixar a nosa pegada do zapato nun papel facendo a técnica do fregado con ceras, logo revisamos os nosos zapatos para ver cal é o noso número e anotalo no encerado. Despois, repasamos as nosas pegadas con rotulador, recortamos, pegamos e anotamos o noso número.
Velaí van as fotos.










En resumo, traballamos:

  • As matemáticas: o seu valor na vida cotiá, a medida, a comparación e a súa grafía.
  • A psicomotricidade fina: A pinza e o recortado.
  • Expresión plástica: o fregado
E todo dun xeito motivador e partindo da realidade próxima do neno