sábado, 2 de junio de 2018

SAÍDA AO CONTORNO PRÓXIMO: A RAMALLOSA

As nenas e nenos da clase de 4 anos pasamos unha xornada fantástica visitando co colexio o noso contorno máis próximo percorrendo unha parte do Camiño Portugués pola Costa.
Asimesmo, tamén aproveitamos para visitar algúns dos establecementos do noso contorno.

Na froitaría vimos as variadas froitas e verduras repasando cales tiñamos nós na horta


O peixeiro nos amosou uns animais asombrosos: O boi, a centola e o lubrigante. A profe Montse é unha valente non lle ten medo a semellantes criaturas mariñas!


Observamos plantas e pequenos animais e mascotas

Cruzamos a ponte romana da Ramallosa








E finalmente gozamos tranquilamente dunha merenda no parque da Ramallosa, no que ademais, tivemos a oportunidade de xogar, correr, saltar e liberar moitas enerxías!

No hay comentarios:

Publicar un comentario