miércoles, 26 de abril de 2017

Contacontos Gloria Fuertes.

Hoxe celebramos no cole o Día do Libro, tivemos unha sesión de contacontos sobre Gloria Fuertes aproveitando así  para conmemorar o 100 aniversario desta escritora.

Déixovos un anaquiño:


E tamén algunhas fotos:




  


Ao rematar o Equipo de Biblioteca fixo entrega dos premios do concurso de fotografía... como houbo máis participación da esperada decidiuse premiar a tódolos nenos e nenas! NORABOA!!!


martes, 25 de abril de 2017

Saída á hípica!!

Comezamos o terceiro trimestre do curso con moita enerxía e cunha excursión que nos facía moita ilusión... visitamos unha escola de hípica en Zamáns!! 

Os nenos/as pasárono moi ben! Alí ensináronnos como coidan e limpan aos cabalos, deixáronnos varios cepillos para que nós mesmos peitearamos uns ponis. Tamén nos ensinaron as cuadras onde dormen e descansan e os alimentos que lles dan de comer... 

Todos e todas subíronse a dar unha volta en poni, incluso os nenos/as que ao principio eran reacios foron dos primeiros en animarse! 

Mentres merendabamos uns cabalos máis grandes fixeronnos unha exhibición de saltos e aprendemos o que significa que camiñen ao paso, ao trote e ao galope!!

Ao voltar para o cole fixemos unha pequena parada no parque da Ramallosa aproveitando o bo día que tivemos!!

:)


jueves, 6 de abril de 2017

4º aniversario de Noa e Breixo!!


Hoxe tamén celebramos os cumples do mes de Abril.

MOITAS FELICIDADES!!!!! 



Marta Cabaleiro.

Hoxe no cole tivemos a visita de Marta Cabaleiro!! Ela é unha pintora natural de Porriño, os seus cadros están cheos de cor e decantase principalmente pola técnica do puntillismo. Estes días estivemos traballando sobre ela na aula e recreamos un cadro seu dunha árbore primaveral.
Xuntámonos tódolos nenos e nenas de Infantil na aula de usos múltiples e Marta tróuxonos un lienzo cunha obra que acababa de comezar... para que nós a rematásemos!! 

Todos e todas colaboramos poñendo puntiños!! :)




Este foi o resultado final: