miércoles, 31 de enero de 2018

SEMENTANDO PAZ

O 30 de xaneiro é unha data sinalada no almanaque de tódolos centros escolares, posto que é o día no que nos acordamos especialmente da "Paz e da Non Violencia".
Este ano traballamos ao redor dunha cancicón de Mamá Cabra "O Baile da Paz". Con tal motivo fixemos un vídeo cooperativo no que todo o alumnado do colexio participou.



Por outra banda, as nenas e nenos da clase de 5º de EI fixeron un mural grupal, no que aparece reflectidas as súas achegas acerca do que eles consideran o que é a PAZ.






Malia todo, é importante recalcar que na aula se traballa a PAZ tódolos días. Os conflitos que xurden entre as nenas e nenos son unha ocasión fantástica para aprender a resolver os seus problemas dun xeito pacífico a través do diálogo e do mural das normas da aula.

E para rematar, deixo o enlace da adaptación do conto de "A Bruxa Discordia" que visionamos no acto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario