sábado, 20 de enero de 2018

AS MATES ME RODEAN!

As nenas e nenos da clase, descubriron que estamos rodeados de números!
Resulta que os nosos zapatos teñen números e que serven para saber cal é a nosa talla do zapato.
Canto maior é o número da nosa talla, maior é o noso pé.
Así, comparamos o tamaño duns zapatos con outros; descubrimos que nenas e nenos teñen o pé máis grande e quen o máis pequeno.

O primeiro que fixemos foi deixar a nosa pegada do zapato nun papel facendo a técnica do fregado con ceras, logo revisamos os nosos zapatos para ver cal é o noso número e anotalo no encerado. Despois, repasamos as nosas pegadas con rotulador, recortamos, pegamos e anotamos o noso número.
Velaí van as fotos.










En resumo, traballamos:

  • As matemáticas: o seu valor na vida cotiá, a medida, a comparación e a súa grafía.
  • A psicomotricidade fina: A pinza e o recortado.
  • Expresión plástica: o fregado
E todo dun xeito motivador e partindo da realidade próxima do neno


No hay comentarios:

Publicar un comentario