lunes, 16 de abril de 2018

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O pasado xoves 12 as nenas e nenos de 5º de EI foron de excursión ao Museo de Pontevedra. Para ir ven preparados realizamos unha serie de actividades previas que resultaron moi motivadoras e produtivas, xa que, traballamos unha morea de conceptos e habilidades.

En primeiro lugar, falamos do museo e lanzamos unha pregunta... "QUE NOS IMOS ATOPAR NO MUSEO DE PONTEVEDRA?" Cada un lanzou a súa hipótese. Estas ideas foron rexistradas e anotadas individualmente nun papel:

  • Cadros
  • Pinturas
  • Baleas
  • Dinosaurios
  • Esqueletes
  • Esqueletes de mamut
  • Dinosaurios
  • Velocirraptores
  • Peixiños nunha peceira

Estas ideas son rexistradas nun cadro de dobre entrada, no que posteior á saída, anotaremos si se confirma a hipótese ou non.




Outra das actividades que levamos a cabo, previo á saída, foi o traballo con google maps na PDI. Analizamos o traxecto dende o cole ata o Museo de Pontevedra, facendo fincapé en tres puntos que foron: Colexio de Belesar, Ponte de Rande e Museo de Pontevedra. A través do satélite observamos estes tres puntos dende o aire. O que máis lles chamou a atención foi ver o patio do colexio dende unha perspectiva tan diferente, e a Ponte de Rande, así como as bateas que están preto.


Os puntos de cores sobre o mapa son as bateas vistas dende o aire




O día da excursión foi moi emocionante xa que tivemos a oportunidade de comprobar in situ todo o que traballamos na clase: pasamos por rande, vimos de preto as bateas, comprobamos que cousas había no Museo de Pontevedra, e disfrutamos coas actividades que nos propuxo Alejandra (a nosa guía).

Alejandra nos explica as normas do museo

O primeiro cadro que observamos foi este:

Azul sobre azul, nº 27 de Luis Caruncho

O grupo, por equipos, fixo a súa propia composición artística


          




Outros cadros que nos explicou Alejandra foron:

"Acordeón" de Luís Caruncho


"Composición (obxectos no espazo)" de Arturo Souto.



"Máscaras africanas" de Arturo Souto.


"Vendedor ambulante en Bos Aires" de Leopoldo Nóvoa.



Tamén nos propuxo facer un puzzle, que cando rematamos... Sorpresa! Era outro cadro de Leopoldo Nóvoa: "Paisaxe mariñeira"

                                             






E para rematar... unha foto das fermosas vistas de Pontevedra.



Ao día seguinte tivemos moito traballo. Por un lado, verificar as hipótesis emitidas sobre o que nos íamos atopar no Museo de Pontevedra, así como, rexistrar os resultados no cadro de dobre entrada. E tamén revisamos as composicións que fixeron no primeiro cadro, e que, agora temos expostas na aula co título que eles mesmos lle puxeron.


2 comentarios: