martes, 7 de noviembre de 2017

SAMAÍN I

Estas dúas últimas semana estivemos moi atarefados preparando a festa do Samaín. Gústanos moito esta celebración por que permite levar a cabo unha gran variedade de propostas educativas.

A primeira que levamos a cabo foi a elaboración dun biscoito de cabaza.

Para a introdución deste actividade utilizamos o conto: "Corre, corre cabaciña" que lles gustou moito, sobre todo, por que logo vai acompañada da canción.

Corre, corre cabaciña

Foi a partir de aquí cando lles propuxen facer o Biscoito de Cabaza. E como estas nenas e nenos teñen a motivación dentro do corpo non dubidaron e dixeron: "SIIIIIIIIII".

Pero... antes de comezar coa receita tivemos que abrir a cabaza (Grazas mamá de Noa), quitarlle as pepitas, pelala e cortala (que foi tarefa miña).

Tamén tivemos que preparar os ingredientes, para o cal cada unha das nenas e nenos da clase tiveron que facer a súa propia listaxe. Esta actividade a fixemos de xeito individual e con escrita espontanea, é dicir, o alumnado escribe as palabras ao seu xeito, seguindo a súa propia hipótese.

Aquí quedan algunhas fotos de mostra:









Unha vez que xa tivemos claros os ingredientes, comezou a laboriosa tarefa de preparar o biscoito. Para o cal contamos coa axuda da mamá de Lois e da profe Carmen.

Primeiro, ralamos a cabaza e a reservamos:




Despois, batemos os ovos...






Engadimos o zucre e mesturamos.




Despois, botamos a fariña e a levadura. Tamén mesturamos.







Posteriormente, botamos a cabaza ralada coa mestura e remexemos







Metemos as mesturas nun molde, logo ao forno e cando xa está listo ... a papar!!!





Parabéns cociñeiros e cociñeiras!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario