martes, 25 de abril de 2017

Saída á hípica!!

Comezamos o terceiro trimestre do curso con moita enerxía e cunha excursión que nos facía moita ilusión... visitamos unha escola de hípica en Zamáns!! 

Os nenos/as pasárono moi ben! Alí ensináronnos como coidan e limpan aos cabalos, deixáronnos varios cepillos para que nós mesmos peitearamos uns ponis. Tamén nos ensinaron as cuadras onde dormen e descansan e os alimentos que lles dan de comer... 

Todos e todas subíronse a dar unha volta en poni, incluso os nenos/as que ao principio eran reacios foron dos primeiros en animarse! 

Mentres merendabamos uns cabalos máis grandes fixeronnos unha exhibición de saltos e aprendemos o que significa que camiñen ao paso, ao trote e ao galope!!

Ao voltar para o cole fixemos unha pequena parada no parque da Ramallosa aproveitando o bo día que tivemos!!

:)


No hay comentarios:

Publicar un comentario