jueves, 9 de marzo de 2017

Presentacións.

Adriana, a irmá de Valeria, quixo vir a lernos a súa presentación. Pasámolo moi ben escoitándoa e tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas!!! O nome de Valeria significa "muller valerosa", gústalle moito xogar con Adriana e tamén aprender moitas cousas dela, como por exemplo bailar, inventar cancións... Ademais contáronnos que teñen un canciño chamado Lolo!!


Breixo é un nome galego do que non se sabe con certeza o seu significado... pode ser "moi certo" ou unha planta chamada "brezo". Falounos tamén do "seu bebé" (a súa irmá Xiana) e do moito que lle gusta coidar dela. Entre as súas aficións está ir á praia, ao parque de bolas, aos contacontos e ao teatro!!


O nome de Iván púxollo a súa nai porque é un nome curto e sinxelo de pronunciar. Ven do latín e significa "Home con bendición divina". Contounos que ten un irmán en camiño que se vai chamar Lucas!! E que lle gusta moito ir ao parque cos seus curmáns e xogar con tractores, motoserras, palas e camións de xoguete!! :)


O nome de Irene é de orixe grega e significa "paz". Falounos da súa irmá pequeniña Uxía e de que ten moitos xoguetes que lle gustan... aínda que o que máis máis é a plastilina!! (e a súa irmá...) :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario