domingo, 1 de abril de 2018

UN CAMPO DE FLORES CON HERVÉ TULLET: A PRIMAVERA

Preme aquí antes de comezar a ler.

O martes 20 de marzo foi un día moi especial para as nenas e os nenos da clase. Todos o tiñan claro: ¡Hoxe comeza a primavera! Un día tan importante merece ser homenaxeado por todo o alto. Así pois, levamos a cabo un obradoiro de arte proposto por Hervé Tullet na súa obra. "Diviértete. Talleres de arte con Hervé Tullet". En concreto, desenvolvimos o obradoiro titulado: "Un campo de flores". No que, de xeito cooperativo, o alumnado pintou un campo de flores nun mural xigante. 
Para o desenvolvemento da proposta contamos coa axuda de Andrea, a mamá de Robert.
















Cando o mural xa estaba rematado fixemos un baile homenaxe a primavera ao son de:



Este é o resultado final!!


PROXECTO: COIDAMOS AOS ANIMAIS

Desde que comezamos o proxecto sobre o coidado e respecto polos animais levamos moito aprendido. Alumnado, familias e unha servidora estamos a disfrutar moito deste proxecto. Aprendemos moito uns dos outros, xa que todos están moi implicados neste proxecto.
Nesta entrada se pon de manifesto a implicación das familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe.
Propúxenlle ás familias que podían asistir á aula para presentar as mascotas da casa, facendo fincapé na responsabilidade que implica ter animais de compañía.

A egua LUNA


O can LOLO



As tartarugas de auga NICO e GANDI



Os chibos - chibóns PINTA E BORRALLA























A gata CLEO


As tartarugas de terra PEPPA E GEORGE



Tamén nos visitaron dous colaboradores da protectora de animais de Baiona Bai sen Pulgas: Bea, a mamá de Breixo, que é veterinaria e que nos deu unha interesantísima charla sobre os coidados e responsibilidades necesarios para coidar dunha mascota. E Dani, un adestrador de cans, que nos deu consellos para educar ás nosas mascotas.




O can NANO




O can CHIQUI



A NINFA



Colorín, colorado, este conto non está rematado...


domingo, 4 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Por si algunha familia está intereseda en tratar a temática da igualdade entre homes e mulleres, deixo algúns títulos de contos que son moi apropiados para introducir o tema e axudarlle ás nenas e nenos a comprendelo mellor.

Algúns os leremos na aula. Espero que sexa de utilidade.

Unha aperta



«Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.





Da mítica colección "A favor das nenas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.



Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de acadar que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de imporlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.


No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

Estou segura de que hai moitos máis títulos. Se queredes achegar algún que vos parece interesante e non está nesta entrada, non o dubidedes e deixalo nos comentarios.





sábado, 24 de febrero de 2018

PRÉSTAMO DE LIBROS SEMANAL

Para min das actividades máis importantes desta etapa son aquelas que van encamiñadas ao fomento do pracer pola lectura, xa que o interese polos contos implica o interese pola lectura. Deste xeito, grazas á colaboración das familias, que achegaron cada unha delas un conto á aula, temos unha ampla variedade de títulos para escoller que o alumnado pode levar para casa.
O desenvolvemento desta actividade require un arduo traballo por parte do alumnado.

O primeiro que fixemos foi elaborar unha ficha - rexistro para cada un dos contos que temos na aula. Nesta ficha - rexistro veñen recollidos datos como: data de saída do conto, nome da nena ou neno que o leva para casa, data de entrada, título do conto e unha foto da portada. As nenas e nenos foron os encargados de escribir os títulos.





Unha caixa de cartón decorado cos debuxos dos contos será o noso ficheiro onde gardaremos tódalas fichas. Cando o alumnado elixe o conto que quere levar para casa busca nel a ficha - rexistro.



Cando xa teñen a súa ficha - rexistro anotan a data na que se levan o conto, o seu nome e a data na que teñen que devolvelo.



A partir de esta actividade o alumnado desenvolve múltiples habilidades de lectura e escritura, matemáticas, etc. ao mesmo tempo que acadamos o principal obxectivo: "Desenvolver o pracer pola lectura".

lunes, 5 de febrero de 2018

¡TI MANDAS, MECO!

O Meco é un mandón!! Pero nós como somos moi ben mandadiños facémoslle moito caso. Así de guapos e guapas estivemos ao longo da semana.

VESTIDOS DE PEREGRINOS



Metímonos moito no papel e camiñamos, e camiñamos ata chegar a Santiago!!!



PREPARADOS PARA APAGAR O LUME...







VESTIDOS DA NATUREZA...








VESTIDOS COMO MÁIS NOS GUSTE!!






O último día fixemos unha merendola para festexar o entroido











FELIZ ENTROIDO A TODAS E TODOS!