As nenas e nenos da clase de 4 anos pasamos unha xornada fantástica visitando co colexio o noso contorno máis próximo percorrendo unha parte do Camiño Portugués pola Costa.
Asimesmo, tamén aproveitamos para visitar algúns dos establecementos do noso contorno.
 |
Na froitaría vimos as variadas froitas e verduras repasando cales tiñamos nós na horta |
 |
O peixeiro nos amosou uns animais asombrosos: O boi, a centola e o lubrigante. A profe Montse é unha valente non lle ten medo a semellantes criaturas mariñas! |
 |
Observamos plantas e pequenos animais e mascotas |
 |
Cruzamos a ponte romana da Ramallosa |
E finalmente gozamos tranquilamente dunha merenda no parque da Ramallosa, no que ademais, tivemos a oportunidade de xogar, correr, saltar e liberar moitas enerxías!
No hay comentarios:
Publicar un comentario