martes, 29 de noviembre de 2016

Conmemoración 25 novembro.

Achégovos un vídeo que se colgou na páxina web do centro cunha actividade que fixemos todos xuntos sobre a historia de Malala.


martes, 22 de noviembre de 2016

25 N- Día internacional contra a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25 de novembro propuxose dende a biblioteca traballar nas aulas a Malala Yousafzai, gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2014 por defender a educación e o dereito das mulleres de ir tamén á escola.

Coñecimos de xeito simplificado a historia desta rapaza e enseguida nos quedamos co seu nome e cun xesto que fan os rapaces/rapazas de todo o mundo como homenaxe a Malala pola súa labor... que é levantar unha man. 

Nós tamén quixemos darlle as grazas dende a nosa aula:



lunes, 21 de noviembre de 2016

PROXECTO DINOSAUROS!!

Como a estas alturas xa todos sabedes... este mes de novembro estamos indagando sobre OS DINOSAUROS!! Esta idea xurdiu dos propios nenos/as ao preguntarlles sobre que lles gustaría traballar na escola... e gañou por goleada!!

Antes de nada, agradecer moitísimo a vosa colaboración xa que conseguimos recopilar un montón de material que tiñades por casa. Os nenos/as que trouxeron material ensinábano aos compañeiros/as na aula e facían unha pequena explicación! Estaban moi emocionados!

Déixovos un vídeo con algúns dos materiais...
(Son consciente de que aínda me faltan algúns nenos e nenas por fotografíar co seu material, máis adiante tamén terán o seu oco no blog).

jueves, 17 de noviembre de 2016

As nosas rutinas.

Tódolos días seguimos unha serie de rutinas á hora da entrada na escola, en primeiro lugar está a difícil tarea (aínda que cada vez menos!!) de coller o mandilón e colgar as nosas mochilas e abrigos nos percheiros. Xa unha vez dentro da aula toca outro reto...poñelo e abotoalo nós soíños!! Isto é máis sinxelo dende que coñecemos a "maxia"..... Os nenos/as séntense moi orgullosos cando ven que son capaces de facelo todo eles mesmos :)

As cancións que cantamos sempre na asemblea son as seguintes:

Bos días


E tamén a dos días da semana....



Non sei se xa vos enterastes polos pequenos/as... pero sabemos dar os bos días, dicir os días da semana e incluso falar do tempo que fai  en linguaxe de signos!!! :) isto é posible grazas a colaboración da profe Ana Belén de PT que ven ensinarnos de cando en vez (dedicarei outra entrada máis adiante a este aspecto).

Despois disto o encargado da semana escolle a un ou unha axudante e colocan o día, pasan lista.... Contamos o número de nenos e nenas que estamos na aula, etc.

Un saúdo e ata a próxima entrada!

martes, 15 de noviembre de 2016

Experimentamos co punzón.


Descubrimos un novo utensilio: o PUNZÓN!! Pareceunos moi entretido e enseguida lle collemos o truco... trátase dun instrumento indispensable para aprender a coller ben o lapis e tamén para exercer a presión axeitada sobre o papel.















lunes, 14 de noviembre de 2016

Rasgado de papel

Pero non todo son festas... tamén traballamos arreo na aula! sobre todo a motricidade fina...
Realizamos unha actividade moi divertida de rasgado de papel, despois xuntamos as tiras no centro da asemblea... e como estamos no outono imitamos a caída das follas das árbores... Pasámolo pipa!!!


E só un día despois do Magosto...

Celebramos a festa do Samaín no cole! Viñemos todos disfrazados xa dende primeira hora da mañá...tivemos de todo: esqueletos, cabazas, vampiros, pantasmas, bruxas....
A primeira hora xuntámonos tódolos nenos/as de Infantil e fomos a aula de informática para ver a peli de Monstros SA (creo que nos deu máis risa que medo...!!)
Despois fixemos o taller de "Merendas terroríficas", probamos de todo: Moco de Sapo, Vermes de Bruxa, Sangue de Vampiro e Pantasmas Terroríficas... e temos que dicir que aínda que pareza un pouco repugnante...estaba todo boísimo!!!! :)
Xa despois de recreo fixemos a celebración do Samaín con todo o cole... os nenos/as maiores leron as lendas que recopilamos e despois interpretaron a canción de Medo me dá! Nós tamén a bailamos xa que a traballaramos na aula previamente.

Déixovos a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=aLLFXmwuaj4