A primeira que levamos a cabo foi a elaboración dun biscoito de cabaza.
Para a introdución deste actividade utilizamos o conto: "Corre, corre cabaciña" que lles gustou moito, sobre todo, por que logo vai acompañada da canción.
Corre, corre cabaciña
Foi a partir de aquí cando lles propuxen facer o Biscoito de Cabaza. E como estas nenas e nenos teñen a motivación dentro do corpo non dubidaron e dixeron: "SIIIIIIIIII".
Pero... antes de comezar coa receita tivemos que abrir a cabaza (Grazas mamá de Noa), quitarlle as pepitas, pelala e cortala (que foi tarefa miña).
Tamén tivemos que preparar os ingredientes, para o cal cada unha das nenas e nenos da clase tiveron que facer a súa propia listaxe. Esta actividade a fixemos de xeito individual e con escrita espontanea, é dicir, o alumnado escribe as palabras ao seu xeito, seguindo a súa propia hipótese.
Aquí quedan algunhas fotos de mostra:
Unha vez que xa tivemos claros os ingredientes, comezou a laboriosa tarefa de preparar o biscoito. Para o cal contamos coa axuda da mamá de Lois e da profe Carmen.
Primeiro, ralamos a cabaza e a reservamos:
Despois, batemos os ovos...
Engadimos o zucre e mesturamos.
Despois, botamos a fariña e a levadura. Tamén mesturamos.
Posteriormente, botamos a cabaza ralada coa mestura e remexemos
Metemos as mesturas nun molde, logo ao forno e cando xa está listo ... a papar!!!
Parabéns cociñeiros e cociñeiras!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario