Hoxe tivemos unha exposición especial! Simón, o irmán de Robert e a súa mamá viñeron a explicarnos cousiñas sobre o mar. De feito deron resposta a todo aquilo que queríamos saber: faláronnos de que comen os peixes, onde viven, tamén afondaron en aspectos do polbo e os peixes tropicais e descubríronnos... o interior dos cangrexos!!
Ademais regaláronnos un agasallo ao rematar... uns polbos moi chulos! :)
Divertímonos moito e aprendemos un montón de cousas!!!
Tamén nos puxeron a canción do peixe salmonete, un peixe un pouquiño mentireiro.....
Moitas grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario