Tiña pendente publicar esta entrada dende hai un par de semanas... pero non puiden facelo antes. Por mor das Letras Galegas viu visitarnos ao cole o CEIP Pombal para representarnos unha obra de teatro sobre a Galiña azul (ese fantástico conto que tanto nos gustou de Carlos Casares).
Previamente, na aula, algúns dos nenos/as quixeron facer o seu propio resumo do conto... hai unha cousa que parece que a todos/as lles quedou bastante clara: os policías querían matar a galiña azul do pobre Lorenzo ;)