Vimos fotos dela no ordenador:

Visitamos o mural feito polos alumnos de 2º, comentamos o seu autorretrato (situado no centro do mural) e que soía pintar os beizos nas súas pinturas con forma de corazón. Tamén contamos as catro máscaras e buscamos os triángulos e os círculos que aparecían nelas, xa que esta pintora traballaba moito coas formas xeométricas!
Contestamos ás preguntas que nos fixeron sobre ela dende a biblio: de onde era, a que se dedicaba, cal era o seu nome real (Ana María) e tamén coloreamos un pequeno racimo de uvas correspondente a un dos seus cadros máis famosos; cando rematamos fomos todos xuntos ata a urna e depositamos as nosas respostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario