Pouco a pouco vannos chegando máis presentacións...
A profe le o que escribiron as mamás e os papás e os pequenos/as explican as fotos... Despois chega o turno das preguntas: os compañeiros/as poden preguntar máis cousas que queiran saber sobre eles... A pregunta máis recurrida ata o momento é a de se lles gustan os cans e os gatos, aínda que saen outras moitas moi orixinais como por exemplo: "e tamén che gustan os elefantes?", "Vísteste moi rápido para vir á escola?", "Cal é a túa comida favorita?", "Con ketchup ou sen ketchup?", "Gústache Frozen?" ;)
Con Iria aprendemos que o seu nome significa "Arco da Vella"... Tamén nos contou que non ten irmáns pero si ten moitos primos e amigos cos que xogar!
Lois é un nome galego que significa "guerreiro", Lois falounos moito de Marco (o seu irmán pequeno); e tamén do seu boneco favorito: Osi!!!
O nome de Noa é de orixe hebreo e significa "Paz", "repouso"... Non ten irmáns pero si un primo ao que quere coma se o fose.
O nome de Nicolás significa "A victoria do pobo"... Nico falounos da súa irmá Sabela e do seu osiño preferido chamado Pepe!!! Ademais de que lle gusta moito moito andar en bici...