Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita dos bombeiros do Val Miñor no colexio. Foi un exito total e rotundo.
As nenas e os nenos tiveron a oportunidade de apagar o lume (con tódalas medidas de seguridade tomadas), activaron un extintor de incendios, observaron como apagar o lume cunha manta mollada e subiron ao camión de bombeiros!!
Na primeira parte da visita os bombeiros do Val Miñor nos amosaron como apagar os lumes. Neste caso cun extintor e cunha manta mollada.
![]() |
Bombeiros do Val Miñor apagando o lume cunha manta |
Na segunda parte, analizamos o equipamento do camión de bombeiros e...
nos deixaron subir!!!
E xa para rematar, unha vez que o camión de bombeiros regresou ao seu posto, o papá de Iker deu unha explicación de como se debe actuar no caso dun incendio.
E xa para rematar, unha vez que o camión de bombeiros regresou ao seu posto, o papá de Iker deu unha explicación de como se debe actuar no caso dun incendio.
E non esquecedes que ante un incendio o primeiro que hai que facer é chamar ao 112!!!!