Así de ben quedaron!!!
viernes, 31 de marzo de 2017
Primavera.
Coa chegada da primavera decidimos elaborar un cadro de flores!! Para facelo estampamos cunha alcachofa a parte dos pétalos e despois debuxamos o tallo cun rotulador.
Así de ben quedaron!!!
Así de ben quedaron!!!
jueves, 23 de marzo de 2017
Xogo por recunchos.
Os recunchos dentro da aula son espazos moi útiles para que o alumnado xogue libremente á vez que aprende e interactúa cos demais compañeiros/as, interiorizando deste xeito hábitos como compartir, recoller o material, etc.
Cada mañá escollen o recuncho no que queren estar, tendo en conta que non se pode repetir para así ao longo da semana ir pasando por todos.
lunes, 13 de marzo de 2017
8 de marzo. Día da muller.
Como agora estamos traballando máis a fondo sobre Rosalía, o Equipo de infantil decidimos conmemorar o Día da Muller elaborando unhas caretas de Rosalía de Castro.
A ver quen é capaz de adiviñar que nenos e nenas se atopan baixo estas máscaras?? ;)
Ademais, tódolos alumnos/as e mestres/as do centro, participamos na elaboración do símbolo da igualdade no patio aproveitando o bo día que fixo!
jueves, 9 de marzo de 2017
Presentacións.
Adriana, a irmá de Valeria, quixo vir a lernos a súa presentación. Pasámolo moi ben escoitándoa e tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas!!! O nome de Valeria significa "muller valerosa", gústalle moito xogar con Adriana e tamén aprender moitas cousas dela, como por exemplo bailar, inventar cancións... Ademais contáronnos que teñen un canciño chamado Lolo!!
Breixo é un nome galego do que non se sabe con certeza o seu significado... pode ser "moi certo" ou unha planta chamada "brezo". Falounos tamén do "seu bebé" (a súa irmá Xiana) e do moito que lle gusta coidar dela. Entre as súas aficións está ir á praia, ao parque de bolas, aos contacontos e ao teatro!!
O nome de Iván púxollo a súa nai porque é un nome curto e sinxelo de pronunciar. Ven do latín e significa "Home con bendición divina". Contounos que ten un irmán en camiño que se vai chamar Lucas!! E que lle gusta moito ir ao parque cos seus curmáns e xogar con tractores, motoserras, palas e camións de xoguete!! :)
O nome de Irene é de orixe grega e significa "paz". Falounos da súa irmá pequeniña Uxía e de que ten moitos xoguetes que lle gustan... aínda que o que máis máis é a plastilina!! (e a súa irmá...) :)
miércoles, 8 de marzo de 2017
Remate do Entroido!!
O día que voltamos ás aulas despois do Entroido tiñamos que despedilo ata o ano que ven... Como o fixemos?? Vindo vestidos de negro ao cole e decidindo entre todos se finalmente queriamos queimar ao Meco ou non! Dixemos que si polo que realizamos unha pequena procesión detras del e queimámolo no patio!
Agora tócanos esperar un ano para desfrutar de novo do Entroido!!
Meco.
Día 5 e último, por fin o Meco deixounos vir disfrazados libremente!! Houbo de todo: cociñeiros, princesas, piratas :)
Despois disfrutamos dunha merendola na aula de usos múltiples cos outros nenos e nenas de Infantil. Comemos, bailamos, divertímonos...!! :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)